Sinopsis
A miña enfermidade tiña nome e apelidos, os ollos marróns case verdes,
o nariz xeitoso, os beizos finos e os incisivos afíados. A miña enfermidade
non tiña cura e tal certeza facíame disfrutar de cada alento como o paciente
terminal que fielmente representaba.
A idea de largarse foi morrendo ós poucos, como os restos de barro da
moqueta que atopan destino na cama. A idea de vivir foi morrendo ós poucos,
como se o barro se convertira en terra seca e a cama en cemiterio. Alí os
veciños nunca molestan. Hai aínda algo de lucidez entre os ocos da cortina
que me fai non sentirme alugado en min. A renta é cada vez máis alta e as
metas dun escritor sen coartada deixan de morrer só cando viven. Non caben
cobardes alí.